25.7.07

O Cabalo Branco de Santiago

Hoxe é o día de Santiago Apóstolo, patrón de España e tamén destas terras brumosas do noroeste peninsular. Naturalmente, en Compostela é onde se concentran a maioría dos actos festivos en relación co día adicado a este santo, xa que é alí onde está enterrado o corpo do seguidor de Cristo.

¿Realmente é así? A tradición iso afirma, pero a historia plantexa moitas dúbidas. Conta a lenda que un día un tal Paio informou ó obispo Teodomiro de Iria Flavia (que hoxe se identifica con Padrón ou coa actual Iria Flavia) de que vira unhas luces nun monte deshabitado. Cando foron a investigar atoparon un corpo decapitado nunha tumba, coa cabeza debaixo do brazo.

O feito de que no lugar houbera unha necrópole precristiana (tamén empregado por romanos e suevos) xera moitas dúbidas acerca da autenticidade dos restos do apóstolo, e mesmo hai quen afirma que se poderían tratar dos restos de Prisciliano, coñecido herético dos primeiros tempos da igrexa. Se así fora, veríamos coma a Igrexa católica estaría homenaxeando a un dos seus primeiros azotes.

Este Prisciliano foi o primeiro morto que herexe axusticiado por unha autoridade temporal a instancias das autoridades eclesiásticas. E todo porque predicaba a inconveniencia da unión entre o poder temporal e o eclesiástico e tamén a corrupción e o enriquecemento do clero. Suponse que tras ser executado polo emperador Máximo e, obtido permiso deste, o seu corpo sería trasladado a Galicia, onde catro séculos despois se tería descuberto a súa tumba (ou non)

Dito isto, aínda vai resultar que o cabalo branco de santiago... era negro.

No hay comentarios: